O Roteiro de Creación (http://www.roteirocreacion.com/) organizado polo Laboratorio de Colaboración Artística, neste ano santo de 2010, para convocar unha nova edición. Comentámosvos e adiantamos xa as datas:
24 setembro-3 outubro 2010.
Logo de tres anos facendo camiño, chegamos á cuarta edición do Roteiro. Neste ano, puxémonos de acordo en poñer un tema. Cal?
Folla de Ruta. (Todos sabemos que unha folla de ruta é un documento para o transporte de mercancías e cousas similares, cousa que implica organización, itinerario, mapa, pudiendo falar dunha folla de ruta artística e outras tantas cousas que, como vedes, se poderían relacionar co que é o Roteiro e a súa intencionalidade, de visibilizar nun novo mapa de Santiago os espazos de traballo e creación).A idea de elexir un tema ven dado polo motivo de que isto englobará e servirá de comezo para as actividades a desenvolver, tendo en conta temas prácticos, como o de provocar unha difusión máis eficaz nos medios, coma tamén unha intención de localizar un punto central a partir do cal vertebrar o evento.
Cómo? Facendo unha exposición baixo este mesmo título que reunirá ós diversos artistas participantes do Roteiro máis outros que se sumarán neste comezo sendo todo un reflexo da diversidade de miras, camiños e puntos de vista polos que andar tendo moito máis informados os espectadores.As cuestións sobre a exposición e a convocatoria serían as que siguen: As obras serán feitas nun único formato: A-4 (para que cada un faga e interprete o seu xeito) e serán expostas no punto de información do Roteiro, sendo ademáis, e de cara ó espectador, un achegamento ou avance dos artistas que participen nesta edición.
Fecha límite de recepción das obras o dia 1 de setembro (e dicir, dentro de 6 meses).
Convocatoria propostas e participación Roteiro 2010
Quen pode participar?
Para crear xuntos un novo Roteiro agardamos as vosas suxerencias e propostas de actividades e intervencións nas reunión que estamos a ter tódolos luns na rúa Santa Cristina 22, no local do centro sociocultural do Casco Antigo. E a túa posibilidade para que participes ainda que non podas abrir o teu taller a visitas, ou si vives fora da cidade. Re-envia este correo a quen lle pode interesar.
Como vai se levar?
O Laboratorio de Colaboración Artística actuará como plataforma para a organización, encontro e execución dos proxectos, que, de cara a súa realización precisarán dunha búsqueda común de espazos, fontes de financiación e reparto de tarefas que supoñen a oportunidade de fortalecer a nosa iniciativa asociativa.
Qué podo propoñer?
A Cursos monográficos (adultos/nenos): Poderá realizarse no propio taller do artista, ou espazos alternativos (bibliotecas/centro sociocultural).
B Proxectos específicos de intervención nun espazo como fora Santa Isabel no Roteiro 2009 para este ano (espazo por definir).
C Intervencións participativas en espazos públicos (prazas/ parques/xardíns): esculturas móbiles/efémeras, performances, etc.
D Intervencións individuais ou colectivas tipo performances, accións en directo, concerto.
E Demostración ou outro evento no taller (que iso trae xente)
F Vídeo creacións (mostra colectiva en interior ou proxección exterior)
G Charlas, debates
H Deseño de artigos de merchandising (camisetas, postais, cadernos, etc.) *Proximamente enviaranse condicións de participación.
I Outras propostas (inventa algo e fagámolo posible!)
Fecha limite das propostas:
12 de abril reunión presentación e discusión dos proxectos e
19 de abril cierre da convocatoria para poder organizarse, incluílas nun dossier de presentación do evento a patrocinadores, subvencións…
Presentación: por correo electrónico ou en persoa nas reunións dos luns, e coa documentación incluída adxunta completada.
Selección: nas reunións da asociación polo seus membros.
A qué se compromete o Roteiro?
· A organizar unha campaña de promoción do evento en Santiago e por toda Galicia, incluíndo unha roda de prensa de presentación.
· A editar un mapa-guia del evento en al menos 4000 exemplares, onde figurarán tódolos artistas e actividades.
· A editar un cartel del evento en al menos 200 exemplares.
· Poñer a disposición dos creadores e organismos culturais material promocional do evento.
A qué te comprometes?
· Participar na exposición Folla de Ruta
· A entregar a miña proposta en tempo e forma
· Colaborar ca asociación para chegar a posta en marcha do teu proxecto o proxectos de compañeiros.
Como ter máis información:
Escribindo a: roteirosantiago@gmail.com ou chamando os teléfonos 659 22 37 41 (María) e 686 38 55 81 e 981 57 42 78 (Reina)
Agardamos a túa participación!
Saludos,
LCA Laboratorio de Colaboración Artística
http://www.roteirocreacion.com/ - http://www.asociacionlca.org/
Os obxectivos do Roteiro de Creación seguen a ser:
· Levar a cabo outra edición en Santiago de Compostela, a través do seu formato vertebrador que son as xornadas de talleres abertos á cidadanía e abrir novos espazos e actuacións que amplíen e enriquezan a programación para facilitar o intercambio de experiencias, ideas e aprendizaxe.
· Producir un evento artístico máis alá da participación de axentes tradicionais de validación e adquisición de prestixio no sistema artístico, favorecendo o diálogo con produtores de diferentes técnicas, xeracións e estéticas, consagrados e emerxentes, xa que esta pluralidade é un dos seus atractivos.
· Fortalecer ámbitos para a participación e mostra da diversidade de actividades relacionadas coas artes visuais e performáticas: accións, murais, performances, vídeo proxeccións, intervencións en espazos públicos, intervencións con obra a gran escala, produción de talleres, cursos, seminarios, conferencias e charlas introductorias á realización / execución da súa intervención na convocatoria, entre outras.
· Xerar o encontro dos artistas coa sociedade.
09/04/10
Subscrever:
Mensagens (Atom)