INTERVENCION GALEGA NO PARCOURS D´ARTISTES DE SAINT-GILLES
Esta iniciativa de LCA sirve de enlace entre os "roteiros" de Galicia e Bruxelas para compartir inquedanzas e proxectos e favorecer o intercambio de experiencias entre artistas e públicos.
Na delegación participan algúns d@s artistas elixidos polo público compostelán nas Operacións Frechazo 2008 e 2009 do Roteiro–segundo o requirido polo comisariado en Bruxelas-. Trátase de María Meijide, Olmo Blanco, Neves Seara, J. Méndez, e ademais, con intervencións para exterior, Reina D´Hoore, María Chenut con RosendoCid, e Eduardo Valiña. Estes 8 artistas expoñen na“Maison Pelgrims” (Casa de Peregrinos) edificio declarado Ben de Interese Cultural e una das sedes máis significativas dentro do festival de Saint-Gilles, que dende o ano 1988 achega a arte a máis de 25.000 visitantes. Nesta nova edición, do 7 ao 23 de maio de 2010 participan cerca de 400 artistas e 200 talleres,ademais de ter programadas varias exposicións e actividades complementarias.
Podeis entrar na súa web: http://www.stgillesculture.irisnet.be/parcours_2010/index_fr.php
Aqui Neves Seara e Olmo Blanco durante a montaxe das súas pezas.
Os gañadores elexidos polo público da Operacion Frechazo en Belgica virán expoñer no Roteiro de Creación de Santiago en Setembro 2010