06/06/09

NACE "EN ESTADO CRÍTICO"

Non é que naza mal, non:
ROTEIRO EN ESTADO CRITICO será unha "axitación cultural" no que o mes de xuño deixará pegada en Compostela.
ROTEIRO EN ESTADO CRÍTICO é unha proposta de cooperación entre a secretaría de LCA Laboratorio de Colaboración Artística (... Teo), impulsora do proxecto, o Prof. Miguel Anxo Rodríguez González do Departamento de Historia da Arte da USC, o equipo de xestión e produción de Baleiro –Canle de produción de cultura contemporánea e LIBA Colectivo (Laboratorio de Investigación en BBAA), vinculado á Universidade de Vigo.
Haberá
Mesas redondas con poñentes variados: investigadores, pedagogos, productores, artistas, comisarios, etc.,
Gabinete de Crise: análise das cuestións saídas das xornadas de debate
Xornadas "crea-recreativas" de estampación: (gravado ... estampación en directo ... ¡participa!)

Sem comentários: