10/06/09

Imos ter que dar moitas grazas ...

Estos días moita xente está traballando intensamente para que todo funcione, ANTE TODO tódolos artistas que participan, protagonistas principáis, pero tamén por exemplo: o Instituto Europeo Campus Stellae, Ánxel, quen nos mantén actualizada a páxina web que acolle este blog e todo o persoal desa empresa, directora etc..
"Outrasi", que tamén debemos "mentar" xa que está entre bastidores é CRIS compañeira na xestión de LCA que se está encargando da relación coa prensa e a quen non vemos, pero sabemos que está ahí.

O malo de dar grazas, e que persoalizalas conleva moitos, moitos esquecementos. Pero cando menos debemos ser xustos e ir lembrándoos, ainda que sexa ós poucos.
Grazas a todos pois o estades facendo ¡increible!.
Lembrar que MAÑÁN XOVES 11 DE XUÑO
17.00
GABINETE DE CRISE. 2ª SESIÓN
COORDINADO POR LIBA. Sesións de traballo e análise das cuestións saídas das xornadas de
debate.Grupo de traballo cun número limitado de persoas, para a elaboración dun documento sobre
produción e difusión cultural.
Inscricións: info@baleiro.org / teléfono: 680 135 439 - practicaartistica@gmail.com -
www.libacolectivo.org
un traballo coordinado con tódolos grupos participantes por TEO (xa nos falará del con máis calma pois supoño que presentarán conclusións etc.).

Sem comentários: